Resultado dun traballo de selección realizado por Amelia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana, que releron os poemas do sutor chairego sen perder de vista os destinatarios finais: todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía de Manuel María e tamén aquelesoutros que queiran revisitar poemarios lidos e poemas lembrados.
O libro complétase cun limiar, escrito polo poeta e académico Darío Xohán Cabana, no que se estuda de maneira sintética e accesible a obra de Manuel María, os seus diferentes períodos, temas e aspectos formais.